Touro e San Fins, minería de costas ao mundo

0

Bisbarra, 28 de xuño do 2019 – O experto Steven H. Emerman explicou en Compostela as conclusións as que chegou sobre os proxectos mineiros de Touro e San Fins.

O profesor Emerman falou dos casos de Touro e San Fins

O profesor Emerman falou dos casos de Touro e San Fins

As verbas de Emerman deixaron dúas evidencias claras, o seu profundo coñecemento dos métodos e problemas da minería actual e que proxectos como os de Touro e San Fins se manteñen de cosas ao que sucede no resto do mundo. Desastres como o acontecido a primeiros de ano en Brasil deberían provocar cambios de lexislación e unha profunda reflexión sobre os riscos da minería, no canto diso aqui todo segue igual. Sen necesidade de entrar en profundidade a exposición do doutor Steven H. Emerman deixa unha serie de cuestións suficientes para parar calquera proxecto.

Zonas de protección

Tras o desastre de Brasil unha das primeiras medidas que se tomaron foi o cambio de lexislación. As autoridades adaptaron a normativa para delimitar unha zona na que, no caso de repetirse un suceso similar, a poboación puidera ser salvada. Como explica Emerman acotouse en 10 km. mentres aquí a mina estaría a 200 metros das casas

Criterios de seguridade

Deixando ao marxe a distancia á que se atopa a mina hai, a xulgar polas explicacións de Emerman, unha deixadez nos criterios de seguridade. O doutor explica como fundamental no deseño os conceptos inundación máxima probable e terremoto máximo probable, datos que non se usaron en ningún dos informes.

Lexislación

Vendo os cambios na lexislación é obrigado preguntar por que nos atopamos en outros países. O cambio da normativa en Brasil chegou tras un desastre pero é curioso observar como en Chile ese modelo de explotación estaba prohibido desde facía décadas e máis sorprendente aínda comprobar que aquí nin se abriu o debate.

O caso San Fins

O caso da mina de San Fins, en Lousame, é aínda peor. A imputación do Director Xeral de Minas por presunta prevaricación medioambiental enténdese mellor escoitando a Steve Emerman. Según o experto buscouse demostrar que os niveis de cadmio nas augas eran superiores ao permitido porque eran naturais na zona pero os métodos usados están moi lonxe de ser os axeitados. Emerman o explica de xeito moi gráfico

O profesor Emerman leva 31 anos emitindo informes e servindo de consultor tanto para entidades publicas como privadas. O seu profundo coñecemento dos métodos usados en minería darían para unha conversa de horas e abalan o que di. Explica tamén que non está en contra da minería pero si de este tipo de minería. Na rolda de prensa estivo acompañado por membros da Plataforma Mina Touro O Pinon NON e do colectivo ContraminAccion que reclaman un cambio de lexilación e que se deneguen os permisos que están sendo tramitados na actualidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial