Touro acolleu un encontro da Rede Galega de Innovación Agroforestal

0

Touro, 17 de xaneiro do 2017 – A Casa de Cultura do Concello de Touro acolleu a 2º Reunión da Rede Galega de Innovación Agroforestal (Afinet) organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Durante a xornada os socios de Afinet expuxeron as necesidades lexislativas e administrativas dos sistemas agroforestais de Galicia e abordaron as accións de mellora do sistema agroforestal (aspectos técnicos, divulgativos, económicos e comerciais).

Afinet promove a innovación agroforestal a través da transferencia de coñecemento entre agricultores, gandeiros, investigadores, asesores e Administracións. Esta rede temática ten ámbito europeo e está integrada por 13 socios de España, Reino Unido, Bélxica, Portugal, Polonia, Hungría, Italia, Francia e Finlancia. A Universidade de Santiago de Compostela e a responsable da súa coordinación.

Os asistentes a o encontro abordaron as necesidades agroforestais e demandaron unha normativa máis adaptada a cada rexión ou comarca, a adaptación de un plan de xestión agroforestal, facilidades para o movemento de terras, o recoñecemento social do traballo de gandeiro e a formación de produtores e usuarios. Tamén destacaron problemas no eido agroforestal como a falta de asesoramento por parte das Administracións, a exclusión do castiñeiro nas axudas da PAC, a política de prevención de incendios  e o abandono de terras.

Afinet pretende promover a xeración de novo coñecemento e unha mellor comprensión das prácticas agroforestais, como liñas para afrontar os principais retos do sector. Para lograr o obxectivos, facilitará o acceso a resultados de investigación e identificará e difundirá información sobre boas prácticas e ideas innovadoras. Os asistentes á 2º Reunión Galega de Innovación Agroforestal aproveitaron tamén para visitar unha plantación de Bosques Naturales en Boimorto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial