займ срочно

Touro celebra este domingo a XXV Festa da Terceira Idade

0

Touro, 11 de agosto do 2017 – O Concello de Touro celebrará o próximo domingo a súa XXV ‘Festa da Terceira Idade’. A cita anual, dirixida aos maiores de 60 anos do Concello de Touro celebrarase en Fonte Díaz, na parroquia de Touro.

Como cada ano Touro reunirá en Fonte Díaz aos maiores do concello na Festa da Terceira Idade. O lugar elixido, e no que se colocará unha gran carpa, e a zona situada xunto a Casa da Cultura e o novo Punto de Atención a Infancia.

Entre as actividades previstas están unha actuación da Banda Municipal Isabel II, a tamén tradicional misa campestre e o non menos necesario xantar tras o que a música e os bailes continuarán.

A XXV Festa da Terceira Idade é unha das citas máis importantes do ano para os maiores de 60 anos. No encontro non só se disfruta das actividades se non que serve para conversar sobre as cousas da vila e en moitos casos reencontrarse con amigos que facía tempo que non se vía.

servirá para ocupar o tempo dos maiores, fomentar a súa participación nas actividades de lecer e cultivar as relacións entre as persoas dunha mesma

Os maiores é un colectivo especialmente sensible do que se coida todo o ano e para o que se destinan en tódolos concellos da bisbarra unha importante cantidade de recursos. As festas dos maiores ou da terceira idade son cita obrigada na época estival e a de Touro celébrase hai anos en agosto xa que en estas datas volven tamén moitos veciños emigrados.

A Festa terá tamén como e habitual o recoñecemento a veciña e veciño de maior idade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies