займ срочно

Touro celebra o Día das Letras Galegas cun concerto da Banda de Música Isabel II

0

Touro, 12 de maio do 2017 . O Concello de Touro celebra o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares, cun Concerto da Banda de Música Isabel II.

 A cita coa música será o mañá sábado, día 13, ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Touro.

As celebracións continuarán o martes, 16 de maio, co Gran Xogo das Letras Galegas para nenos e nenas a partir de seis anos, actividade impartida por Eduvía na programación de Ler conta moito, e organizada polo Concello de Touro.

A través dun divertido xogo por equipos, os participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas e os autores homenaxeados ata o momento ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano. Será ás 17.30 horas tamén na Casa da Cultura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies