займ срочно

O ecoloxista e político López de Uralde visitou Touro

0

Touro, 21 de outubro do 2019 – A pasada semana Juancho López de Uralde, ex director de Greenpace e Deputado, visitou a zona da Touro e O Pino para coñecer o proxecto mineiro e debater sobre el.

López de Uralde foi director de Greenpace España durante unha década; cofundandor de Equo e nas últimas lexislaturas Deputado Nacional por Unidas Podemos.  

O encontro serviu para intercambiar experiencias e coñecer a zona afectada. Os colectivos explicaron o traballo que levan feito para parar a reapertura e recibiron o apoio do Deputado que contou as súas propias experiencias en casos como este.

López de Uralde visita TouroNo transcurso dun interesante debate falouse da necesidade de reformar a Lei de minas de 1973 que de ningunha maneira pode ser

López de Uralde visita Touroun marco axeitado para regular a realidade actual. Tamén se comentaron outras do ámbito autonómico como a Lei fomento da implantación de iniciativas empresariais. Esta lei é coñecida como “lei depredación” e da  facilidades no acceso e tramitación de iniciativas privadas de grandes empresas fronte ao que é de todos, e que afecta a moitos ámbitos, dende a minería aos eólicos.

López de Uralde visita TouroTamén se tocou a falta de regulación e vixilancia adecuada na xestión de residuos, un negocio en auxe, que, coa desculpa de “restaurar” “espazos degradados” está a proliferar nas vellas minas e canteiras, a costa da saúde e calidade de vida da poboación e do medio ambiente en xeral.

López de Uralde visita Touro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies