займ срочно

Solicítanlle ó concello de Touro que presente alegacións ó plan de transporte metropolitano

0

Touro, 31 de xullo do 2019 – A Marea Veciñal de Touro solicitou por escrito que o concello presente alegacións ao plan de transporte metropolitano presentando recentemente pola Xunta.

Según a Marea a proposta de Transporte metropolitano deixa sen servizo a unha boa parte da veciñanza. Lembran que no 2018 elaboraron, coa colaboración dos veciños, un plan de transporte adaptado que remitiron ao órgano competente mentres que o concello non presentou en ese período ningunha alternativa.

Reunión veciñal sobre transporte metropolitanoA Marea Veciñal critica ademais que, ao solicitar que se realicen as alegacións oportunas ao plan actual,  o goberno municipal admita non coñecer a existencia dun novo plan de transporte que estará vixente os próximos dez anos.

A Marea Veciñal de Touro espera que o concello se poña a traballar e ofrece toda a documentación elaborada ao longo do último ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies