Os pregos de licitación da axuda no fogar de Touro primarán os criterios económicos

0

Touro, 27 de febreiro do 2020 – O concello de Touro valorará máis a oferta económica na adxudicación do servizo de Axuda no fogar que a mellora das condicións laborais dos traballadores.

A Marea Veciñal de Touro reclamou en distintas ocasións que se primara a mellora salarial na licitación da Axuda no fogar. A petición ven dada porque na actualidade as traballadoras cobran 6 € hora o que está por debaixo do convenio colectivo.

O alcalde, o Popular Ignacio Codesido, pareceu nun primeiro momento recoller esas demandas pero na comisión informativa celebrada este mércores avanzou que os criterios que primarían nos pregos serían os económicos.

O prego si incluirá unha cláusula que obrigue a computar o tempo de desprazamento como tempo traballado aínda que isto xa está recollido no convenio colectivo do sector polo que non supón ningunha mellora.

A Marea Veciñal de Touro denuncia ademais que os pregos darán un 20% da puntuación total as baixas económicas, algo que na práctica repercutirá nos soldos dos traballadores xa que para acadar o contrato as ofertas das empresas terán que ser máis baixas.

Alfredo Souto, presidente da comisión de servizos sociais, explicou na comisión celebrada que o prezo por hora non foi calculado en función de criterios obxectivos senón fixándose noutros concellos. A Marea considera que non se poden tomar referencias noutros concellos que tamén fan malas prácticas en este tema. O grupo da oposición pensa que “isto responde a aforrar custes nun servizo básico para non comprometer as partidas orzamentarias dedicadas ós membros do grupo de goberno”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial