Piden que o concello de Touro organice a cea de Nadal e fin de ano para os maiores que viven sós.

0

Touro, 15 de decembro do 2019 – O grupo Marea Veciñal de Touro ven de solicitar ao goberno municipal que organice a cea de Nadal e fin de ano para os maiores que viven sós.

O principal grupo da oposición apunta que moitos maiores viven sós no concello e algúns deles non teñen familiares que os acompañen en datas significadas como a  cea de noiteboa ou o fin de ano. Por este motivo queren propoñerlle ó goberno municipal unha iniciativa orientada a darlle “o trato que se merecen os maiores do concello, sen os cales non se entendería o presente e futuro do municipio”.

A Marea propón que se organicen ceas ámbolos dous días mencionados, sufragando a administración local os gatos derivados do servizo de comidas e o transporte que sexa preciso. .

Centro de día

A pasada semana tamén tivo lugar a comisión para decidir a asignación dos fondos do plan de obras e servizos (POS) da Deputación, que se debatera en pleno proximamente. A marea propón que a totalidade dos fondos se dediquen a crear un centro de día na capital municipal, xa que consideran que é unha necesidade básica e urxente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial