Elvira Martínez renuncia como concelleira da Marea Veciñal de Touro

0

Touro, 12 de xuño do 2020 – A concelleira da Marea Veciñal de Touro Elvira Martínez ven de presentar a súa renuncia ao cargo debido a incompatibilidade de horarios coas sesións plenarias.

Os plenos de Touro foron fixados a principio da lexislatura, con carácter xeral, as 13.30 horas. A Marea Veciñal presentou dúas mocións para mudar ese horario pero o equipo de goberno do popular Ignacio Codesido non o aceptou.

Elvira Martínez renuncia como concelleira da Marea Veciñal de TouroElvira Martínez engade a esa incompatibilidade razóns de tipo persoal, relacionadas coa conciliación familiar, para tomar a decisión de abandonar a acta e explica que  “é un orgullo formar parte dun equipo de traballo que está conseguindo grandes logros dende a súa irrupción nas pasadas eleccións e no que dende a primeira persoa da lista até a última aportan traballo  e son valoradas por igual”.

O seguinte da lista é José Luís Ramos Barreiro que concorreu en cuarto lugar nos comicios municipais de 2019. Elvira Martínez deséxalle toda a sorte do mundo e destaca que “José Luís é un dos fundadores desta agrupación veciñal e un dos que máis ten traballado para facer da marea a alternativa de goberno que é hoxe en día”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial