Polémica en Touro pola dedicación dunha concelleira

0

Touro, 31 de decembro do 2019 – O concello de Touro vive estas semanas unha forte polémica pola dedicación asignada a unha das concelleiras do grupo de goberno.

O grupo da oposición Marea Veciñal de Touro denuncia a asignación a Adela Iglesias dunha dedicación parcial de 27.400  euros. A cantidade contempla unha xornada de cinco horas e a seguridade social pagarase a maiores de esa cantidade.

polémica dedicación en TouroMarea explica que esta cantidade supón 29 euros por hora de traballo cando o persoal de asistencia a axuda no fogar está cobrando 5 euros hora. Engaden á crítica o feito de que a concelleira, responsable de Educación, Cultura e Deportes, non conta con formación nin experiencia anterior en estas áreas.

A concelleira, según a oposición, rexeitou a creación de becas para o estudantado, se opuxo ao inicio dos trámites para recoñecer un tramo do Camiño de Santiago e impediu que se realizara unha auditoría medioambiental co fin de eliminar os cheiros nas zonas de Loxo e Touro.

No último pleno un veciño expresou a súa indignación deixando enriba das mesas dos concelleiros unhas barras de pan para que fixeran bocadillos de “chourizo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial