займ срочно

Denuncian ao goberno de Touro ante a Valedora do Pobo

0

Touro, 15 de abril do 2020 – A polémica sobre o Servizo de Axuda ao Fogar en Touro crece coa denuncia que a Marea Veciñal ven de presentar antes a Valedora do Pobo.

O grupo opositor acusa ao goberno popular de Ignacio Codesido de defender intereses empresariais fronte aos dereitos das traballadoras do SAF e con ese argumento decidiu reclamar a intervención da Valedora.

Marea Veciñal de Touro explica que xa o 31 de xaneiro denunciaban ante o goberno local o o incumprimento do Convenio Laboral por parte da empresa concesionaria do servizo (Atendo). Pedían que se aplicaran as sancións recollidas no contrato e nas que se considera un incumprimento grave das condicións.

Co comezo da crise sanitaria o representante sindical trasladoulle ao alcalde que a empresa a empresa non proporcionou nin un só equipo de protección co que a concesionaria volvía a incorrer nunha falta grave.

Marea Veciñal acode agora á Valedora ao considerar que a inacción ante dous incumprimentos tan claros do contrato sería un presunto acto de prevaricación que favorece a unha determinada empresa en detrimento dos intereses das propias traballadoras e veciñas do concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies