Propoñen a creación dun mercado agroalimentario en Touro

0

Touro, 28 de maio do 2020 – A Marea Veciñal de Touro ven de propoñer que se organice un mercado semanal de produtos agroalimentarios.

A idea dun mercado de proximidade está incluída no plan de emerxencia social formulado pola agrupación política que recolle medidas de apoio ós autónomos, PEMES e colectivos vulnerables.

Según explican desde a Marea Veciñal “a situación de crise sanitaria puxo de manifesto a necesidade de soberanía alimentaria, un dos puntos programáticos vitais na filosofía da nosa agrupación veciñal”.

Según a organización ” está probado que o consumo de alimentos de proximidade ten beneficios a nivel económico, social e ambiental no conxunto da poboación. Isto sumado a unha nova realidade que probablemente derive nunha crise económica considerable, fai necesaria unha actuación nesta liña por parte da administración local”.

A marea veciñal, en colaboración con diferentes sectores (agricultores, gandeiros, consumidores etc), impulsa a creación de este mercado agroalimentario semanal co obxectivo de poñer en valor a produción local. A cita permitiría que os produtores obteñan unha marxe comercial que faga rendible as súas actividades económicas.

Este mercado, a modo de praza, “debe servir tamén para que a veciñanza que así o considere poida vender os excedentes de produción. O que se propón non é algo novidoso nin difícil de executar por parte da administración local (Teo, Melide…), e tería beneficios noutras actividades económicas que actualmente están a sufrir as consecuencias da pandemia provocada polo CO-VID 19 (Hostalería, comercio local…)”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial