займ срочно

Outra multa contra a mineira de Touro por desviar o Portapego

0

Touro, 18 de setembro do 2019 – A mineira de Touro ven de recibir a enésima multa polas súas prácticas, en este caso polo desvío do cauce do río Portapego.

Hai uns días contábamos a preocupación polo uso que as mineiras fan dos recursos hídricos nunha situación de seca. Agora esta nova multa, polo desvío da canle do Portapego, reforza a necesidade de parar esas prácticas.  

A multa de Augas de Galicia á empresa propietaria dos terreos da mina, e socia principal de Cobre San Rafael no proxecto de reapertura da explotación mineira de cobre, é imposta por desviar un tramo do rego Portapego sen a preceptiva autorización do ente autonómico.

A asociación denunciante, Aldea Viva, considera ridícula a sanción de pouco máis de cinco mil euros e a reposición do rego ao estado inicial por uns feitos desta envergadura.

Explotaciones Gallegas S.L. pretendía desfacerse da responsabilidade da desfeita ambiental que vén causando no rego Portapego, contaminado polos residuos e drenaxes da mina pechada fai máis de trinta anos, usurpando o caudal para deixar o rego seco. Nas súas alegacións a empresa mesmo cualificou de “actuación clandestina” a actividade de inspección de Augas de Galicia a instancia da asociación Aldea Viva.

Augas de Galicia tamén notificou ao concello de Touro que se abstivera de dar permisos ás obras. Esta prohibición explícita prodúcese porque previamente o alcalde, Ignacio Codesido, autorizara os traballos saltándose a competencia preceptiva do organismo de Augas.

Para a asociación medioambientalista esta é unha demostración clara de que a empresa Explotaciones Gallegas recibe un trato amable por parte da administración. Consideran que se lles están a permitir actuacións ó marxe da lei e engaden que o historial de infraccións que acumula é de récord sen que a Xunta, polo momento, resolva a autorización de reapertura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies