займ срочно

Cornado recupera os Rixóns en pota de ferro

0

Touro, 29 de outubro do 2019 – O campo da festa de Santirso, na parroquia de Cornado en Touro, acollerá este venres o que será a segunda edición da festa dos Rixóns en pota de ferro.

A veciñanza quere deste xeito manter unha das tradicións máis arraigadas da súa contorna. A festa dos Rixóns en pota de ferro estará ademais chea de actividades para todos os públicos ao longo de toda a xornada.

Roteiros, obradoiros, música e xantar

Festa dos Rixíons en pota de ferroA actividade comeza ben cedo. As dez da mañá farase un roteiro micolóxico pola parroquia, a xente poderase ir unindo a partir das 9:30 no propio campo da festa.

Os amighos da túa prima serán os encargados de poñer música ao xantar, a partir da 1 da tarde, e ao serán, a partir das cinco.

Ao longo de toda a xornada manterase unha mostra de artesanía. para os que ademais de ver queiran facer, as catro terá lugar un obradoiro de cestería e as catro e media outro de macramé.

O remate da festa será a partir das seis coa actuación de Vai nela, unha foliada libre e xa as sete o concerto de Malvela.

O xantar, a prezos asequibles, será a base de filloas de caldo de cocido con Rixóns, tortillas e empanada de Rixóns.

Unha boa cita para a comezar a fin de semana, será este venres en Cornado, Touro, no Campo da Festa de San Tirso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies