Loxo mobilízase

0

Touro, 17 de setembro do 2019 – Hai uns días contábamos as queixas da veciñanza de Loxo, en Touro, polos cheiros da mina e agora dan un paso máis e organízanse de cara ao pleno de final de mes.

A veciñanza remite agora un novo comunicado no que explican que na fin de semana comezaron a colocación de carteis e pancartas nas casas de Loxo. Piden ademais a implicación de todos e iniciaron unha recollida de firmas contra os cheiros.

Loxo queixas cheirosO próximo día 27, 13:30 horas, a problemática levarase ao pleno municipal. A intención dos veciños e acudir e informan de que nas oficinas do concello están as follas de firmas a disposición de todos os que queiran mostrar o seu apoio.

A veciñanza de Loxo di no comunicado que “dalgunha maneira a empresa que leva a cabo a actividade de tratamento de residuos terá que cumprir a lei e suprimir os cheiros ou cesar a súa actividade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial