A Plataforma en defensa do Centro de Saúde de Touro disólvese

0

Touro, 14 de xullo do 2020 – A Plataforma polo Centro de Saúde de Touro ven de emitir un comunicado no que informa da súa disolución despois dos resultados electorais.

A Plataforma de Touro reclamaba desde hai tempo solución a problemas como as carencias do servizo de pediatría ou no de primaria, especialmente cando se producían baixas. Problemas comúns a outros concellos da bisbarra denunciados en moitas ocasións.

No comunicado a Plataforma explica que desde o inicio do seu traballo “Puxemos do noso tempo e da nosa paciencia, coa única finalidade de ter un servizo que nos pertence polo feito de ser cidadáns. Recibimos moitas negativas e mesmo algunha que outra mala palabra, pero aínda así non nos demos por vencid@s e chegaron tamén algunhas recompensas como o apoio recibido por unha parte dos veciños”.

O colectivo de Touro agradece o apoio recibido pero considera que o obxectivo de implicar a toda a cidadanía nas reivindicacións non se conseguiu.

Tamén fan mención ao esforzo de estes meses “O noso sacrificio foi grande e supuxo quitarlle tempo ás nosas parellas, fillos e ocupacións laborais para poder defender o dereito á saúde”.

En esta última comunicación a Plataforma polo Centro de saúde de Touro lembra tamén as reivindicación que os levaron á creación do colectivo  “Non soportamos que os nosos cativos non teñan dereito a un servizo de pediatría na súa localidade. Non soportamos que as baixas dos médicos non se cubran e teñamos que desprazarnos a outras localidades. Non soportamos que a carencia de médicos poida supoñer un risco para a saúde dos veciños polo aumento do tempo na resposta ás urxencias médicas. Non soportamos o ataque que estamos recibindo no noso concello (e noutros moitos) en forma de recortes na sanidade”.

Para rematar a Plataforma considera que os resultados electorais no concello de Touro demostran que as reivindicacións non son compartidas coa maioría dos veciños “onte os veciños  falaron onde o tiñan que facer: nas urnas. E o resultado é claro, as políticas sanitarias de recortes que padecemos neste concello saíron reforzadas. Non tería sentido seguir indo contracorrente cando os veciños están a favor da xestión que se está facendo no noso centro de saúde e na atención primaria en xeral”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial