Os veciños de Touro fan balance da loita contra a mina

0

Touro, 2 de marzo do 2020 – A Casa da Cultura de Touro encheuse este sábado 29 para facer balance dos dous anos e medio de loita contra a mina de Touro-O Pino.

Tres mulleres da  Plataforma, xunto con representantes de organizacións que tiveron unha fonda implicación na loita contra a mina (Serafín González da Sociedade Galega de Historia Natural, Xaquín Rubido da Plataforma pola defensa da Ría de Arousa e Fins Eirexas da asociación ecoloxista ADEGA), debullaron nas súas intervencións diferentes aspectos deste proceso ata acadar a DIA negativa.

Traballo desde o 2017

Na xornada repasaron a loita veciñal dende que o DOG daquel 25 de agosto de 2017 trouxera a nova do proxecto mineiro: as xuntanzas, a preparación de alegacións, a necesidade de espallar os enormes impactos do proxecto, a presenza na rúa … agradecendo o apoio e empatía que recibiron da cidadanía e que quedou patente na enorme manifestación que encheu o Obradoiro o 10 de xuño de 2018.

A reunión serviu para reflexionar sobre o papel da muller hoxe en día nestas loitas, xa que no caso de Touro, unha boa parte da plataforma está formada por mulleres.

Os veciños de Touro fan balance da loita contra a minaAnalizouse o marco lexislativo actual que parece derivar cara unha desregularización feita a medida para que estes megaproxectos non atopen atrancos na súa tramitación. Na charla lembrouse que cando se iniciou a tramitación do proxecto para Touro, ao que acaba de dárselle carpetazo, aínda non entrara en vigor a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresarias (a chamada “Lei Depredación”). Según as últimas novas esta lei podería ter continuidade en outras que vaian no mesmo senso, como a que iniciou a súa tramitación en xaneiro, a Lei de Avaliación Ambiental, da que temen poida dificultar aínda máis que a veciñanza sexa quen de defenderse de proxectos coma o da mina.

A restauración

O encontro serviu para analizar a necesidade de que dunha vez se aborde un proxecto serio de restauración dos terros da mina vella dos anos 70-80 que segue drenando a súa contaminación aos regatos da zona e que acaba no Ulla e na ría. Repasouse a necesidade de interacción con outras plataformas que loitan contra problemas medioambientais, sendo máis que nunca preciso a empatía e o compañeirismo.

Os veciños de Touro fan balance da loita contra a minaAs organizacións máis senlleiras lembraron loitas pasadas nas que a mobilización popular foi clave: dende os verquidos na fosa atlántica á traxedia do Prestige. E tamén a necesidade de unión entre as xentes do campo e do mar, un sector que soubo entender a dimensión do problema, a afección que lle suporía, e fixo esta loita súa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial