A Plataforma Mina Touro O Pino NON levará esta semana novas peticións a Bruxelas

0

Touro, 4 de novembro do 2019 – A Plataforma Mina Touro O Pino NON prepara estes días nova documentación que presentará en Bruxelas, ante a Unión Europea, esta mesma semana.

Tras máis de dous anos de tramitación administrativa do proxecto de explotación de cobre a ceo aberto nos municipios coruñeses de Touro e O Pino, a emisión da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) parece non ter aínda data confirmada.

A Plataforma explica que o proxecto nunca debeu ser admitido a trámite sen que antes se cumpriran os compromisos de restauración da anterior explotación.  Móstranse moi críticos coa Xunta de Galicia por este retraso na decisión sobre a Declaración de Impacto Ambiental pero tamén cos dos concellos afectados, Touro e O Pino. Lembran que os equipos de goberno en ingún momento denunciaron de oficio as sondaxes en vías públicas sen permiso.

Touro minaTamén denuncian que non consta que os concellos esixiran por escrito a empresa, Cobre San Rafael, que garanta a contratación de empregados da contorna ou o coidado do medio ambiente e de recursos como os hídricos, en perigo según todos os expertos.

Nas últimas semanas Cobre San Rafael presentou á Administración novamente documentación reiterativa que non responde as cuestións expostas nos diferentes informes sectoriais. Ao mesmo tempo, a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON mantivo varias reunións cos departamentos de Medio Ambiente e Augas de Galicia, encontros dos que din que “a única conclusión clara que se pode extraer é que, tras máis de dous anos, a Xunta de Galicia aínda non fixo o seu traballo e, ademais, o seu labor limítase a inspeccionar simplemente, polo que terá que seguir sendo a cidadanía quen, ademais de pagar impostos para financiar os servizos públicos que ten o deber de proporcionar a Administración Pública, siga vixiando e denunciando as actividades ilegais realizadas pola minería nos nosos concellos”.

Por todas estas queixas, e as xa anteriormente coñecidas, esta semana membros da plataforma estarán en Bruxelas defendendo tres peticións sobre a mina na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial