Os veciños de Touro presentan novas alegacións ao proxecto mineiro

0

Touro, 9 de decembro do 2019 – Os veciños de Touro agrupados na Plataforma Mina Touro O Pino NON veñen de presentar novas alegacións ao proxecto da mineira Cobre San Rafael.

Os veciños de Touro denuncian ademais novos episodios de vertidos nos terreos da antiga mina. Según a Plataforma as continuas multas de Augas de Galicia demostran os problemas existentes en lugares como Santaia, na parroquia de Touro, ou na corta de Bama. Recentemente a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo decidiu manter abertas  as tres peticións sobre a mina, para seguir investigando a situación e tomar cartas no asunto ante a vulneración de diversas Directivas Europeas, como as relativas a augas ou tratamento de residuos mineiros.

Por outra banda as alegacións presentadas  fanse con motivo dun novo período de subsanación da documentación que a administración lle outorga á empresa, que obriga así a abrir un novo período de información pública. Según os veciños en esta nova ampliación de prazos a empresa non ten aportado nada novo limitándose a reiterar o presentado anteriormente. Pola contra, en ningún momento plantexa unha ubicación nin metodoloxía diferente para as balsas e escombreiras, non sepultar mananciais baixo as mesmas nin incluír a balsa de Angumil, da antiga explotación, no novo plan de restauración, entre moitas outras eivas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial