займ срочно

A tensión en Touro segue crecendo

0

Touro, 30 de setembro do 2019 – A tensión no concello de Touro segue crecendo a raíz do pleno municipal do pasado venres no que o alcalde recoñeceu estar a favor da mina, “si se soluciona o da auga”, e votando e contra de declarar a emerxencia climática no concello.

segue a tensión en TouroA tensión non está provocada só polo conflito da mina, os cheiros provocados pola empresa Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN) levaron á mobilización da veciñanza nas últimas semanas.

O alcalde a favor da mina

O pleno, que estaba convocado para a unha e media do mediodía, alongouse ata as seis da tarde, pois eran múltiples os temas a tratar.

Monmento do pleno de TouroA nota destacable foi o recoñecemento público e sen titubeos do alcalde, Ignacio Codesido, da súa postura claramente a favor da apertura da mina. O concelleiro do BNG, Xoán Antón Louzao, pedíalle un posicionamento claro ao alcalde, Ignacio Codesido, insistindo en que non valían medias tintas se o concello quedaba sen auga

 

Ademais de este posicionamento do alcalde o grupo popular, con maioría absoluta, votou en contra de pedir unha ampliación de prazo para presentar alegacións ao cuarto informe de avaliación ambiental solicitado ao concello desde a Xunta de Galicia.

O informe leva aparellada ademais a polémica xa que o concello optou nun primeiro momento por encargarllo a unha empresa vinculada a Cobre San Rafael tendo finalmente que buscar outra por “colisión de intereses”.

Unha balsa que desaparece

Por si todo isto fora pouco a Plataforma Mina Touro O Pino NON denuncia que a balsa de Bama, que cando chove verte ao río Ulla, apareceu seca sen que se saiba cando e como vaciouse.

A Plataforma ven de subir a rede o seguinte vídeo no que se aprecian os cambios no lugar no que se atopa a balsa

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies