Touro pon a punto as instalacións do Colexio Fonte Díaz 

0

O edificio contará cun novo sistema de aillamento

Touro, 08/09/2016 – O Concello de Touro pon a punto as instalacións do CPI Fonte Díaz ante o inicio o próximo luns, día 12 de setembro, do curso escolar 2016-2017. As principais obras consistiron en dotar á maior parte do exterior do edificio principal do CPI Fonte Díaz dun novo sistema de aillamento. As obras desenvolvénse ata o 10 de septembro.

O próximo luns estarán retirados os andamios e todo listo para que os rapaces e rapazas de Touro poidan iniciar o curso con total normalidade. A empresa encargada de facer as labores de aillamento foi Redesyl, quen tratou o exterior con novo sistema que evita humidades, condensación e tamén ailla do frío e da calor.

vista das obras que se levan a caboDurante estas últimas semanas, aproveitando o periodo vacacional, tamén foi pintado o interior do edificio do Colexio que acolle aos máis pequenos. O Concello de Touro, que preside Ignacio Codesido, preocúpase para que cada ano estén a punto as instalacións educativas do Concello. “Este ano investimos nun novo sistema de aillamento para o exterior do edificio”, explica o alcalde, quen lembra que cada ano vanse arranxando diferentes partes do Colexio como os tellados, o pavillón…. “Tratamos de que os nenos e nenas de Touro teñan todo listo para iniciar o curso como se merecen e que nunhas instalación axeitadas poidan desenvolver todo o seu talento”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial