Preocupación pola nova Lei de avaliación ambiental na semana que chegan aos xulgados os desbordamentos da mina de Touro

0

Touro, 20 de xaneiro do 2020 – O anuncio do goberno da Xunta de Galicia da tramitación dunha nova Lei de avaliación ambiental ven de acrecentar a preocupación nos colectivos que se opoñen ao proxecto mineiro de Touro.

Esta Lei de avaliación ambiental comeza o período de exposición pública ao mesmo tempo que chega ao xulgado de Arzúa, este próximo mércores, o momento das declaracións polos vertidos na mina de Touro.

Delitos contra o medio ambiente

Os representantes das empresas terán este mércores que enfrontarse a unha acusación de delito contra o medio ambiente. Os responsables de Tratamientos Tecnológicos del Noroeste, Ten, xunto cos de Explotaciones Gallegas SL, Exga, declararán polo desbordamento dunha das balsas da Corta de Bama no río Brandelos, un afluente do Ulla. Tamén está baixo investigación o deposito de lodos en ese mesmo lugar e un vertido da Balsa de Argumil na cabeceira dun regato no lugar de Ameneiro.

O procedemento nace dunha denuncia da Fiscalía de Medio Ambiente como consecuencia das investigacións realizadas polas denuncias previas da Asociación Aldea Viva.

Unha nova Lei en cuestión

A nova Lei de avaliación ambiental, presentada a exposición pública pola Xunta de Galicia, nace baixo sospeitas e dúbidas por parte dos colectivos sociais.

A Plataforma Mina de Touro O Pino NON, nunha nota de prensa publicada esta fin de semana, móstrase sorprendida polo argumento de que a actual normativa produce “un atraso inxustificado da implantación de iniciativas para o desenvolvemento de actividades económicas”como se di desde a Xunta de Galicia.

preocupacion Touro pola lei de avaliación ambientalO colectivo considera que a insinuación esta “lonxe da realidade” e explica que “a tramitación esténdese no tempo porque o proxecto non é viable. Así o recolleron os técnicos de diferentes departamentos da Administración nos seus informes sectoriais, en moitos casos por dúas veces”.  Según os veciños a empresa Cobre San Rafael “non é quen de satisfacer de forma solvente as demandas e requerimentos dos distintos departamentos simplemente porque o proxecto que promove é inviable”.

O colectivo ContraMINAcción vai máis alá e cualifica a nova lei de “Lei de prevaricación medioambiental”. Consideran que o que se busca é “Usar as competencias autonómicas para tratar de limitar e reinterpretar os requirimentos da lexislación europea e estatal en materia de avaliación de impacto ambiental”.

Explican así mesmo que esta Lei pode acabar coa protección da Rede Natura a tenor do parágrafo que reduce o procedemento a un único informe  “no canto de comezar un procedemento administrativo dun mínimo de cinco meses de duración, regularíase que sexa un informe da dirección xeral competente o que sinale se hai ou non esa posible afección. De concluírse a inexistencia de afección, non sería necesario tramitar un procedemento de avaliación ambiental.”

ContraMINAcción considera que o que parece é que “o obxetivo global é  legalizar un modus operandi a través do cal a Xunta vén eximindo de trámite ambiental proxectos que en normal cumprimento da lei debían de o seguir”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial