Touro presenta a programación de Nadal

0

Touro, 13 de decembro do 2018 – O Concello de Touro ven de presentar a programación de Nadal que comezará o próximo día 21.

Unha gran festa de Nadal coa presenza de Papa Noel será a que de a saída a unha intensa programación. A Casa da Cultura encherase de cativos e familias a partir das cinco e media da tarde, haberá flocos de millo, obradoiros de distintos tipos e os nenos aproveitarán para pedirlle a Papa Noel que queren de agasallos.

O día 22 de decembro, pola súa banda, está programado o Concerto de Nadal da Banda Xuvenil e da Banda de Música Isabel II de Touro. A formación musical ofrecerá tocará pezas ambientadas no tempo de Nadal na Casa de Cultura a partir das 18.00 horas. Nesta xornada tamén se entregarán os premios aos gañadores do Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’.

O 23 de decembro está programada a función de teatro, tamén na Casa de Cultura a partir as 17.30 horas, de ‘O lobo e a lúa’ de Baobab Teatro. Unha peza teatral tenra, divertida e intrigante na que as persoaxes conviven a pesar das súas diferenzas, ideal para disfrutar en familia.

Como todos os anos está previsto o Nadal Lúdico o 26, 27 e 28 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro na biblioteca pública das 10.00 ás 13.30 horas. Os máis novos do Concello de Touro atopan aquí unha alternativa de lecer ocupando o seu tempo dunha maneira máis educativa e os pais poden tamén conciliar traballo e vida familiar. Os rapaces de tres a 12 anos pasarán as súas mañás de vacacións entretidos de unha e mil maneiras.

A Feira e Festival de Reis chegará o 5 de xaneiro. A primeira feira do ano homenaxea a chegada dos Reis Magos ao Concello de Touro. O escenario, as rúas de Fonte Díaz. O horario, de 9.00 a 14.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, a cita será coas súas Maxestades o Reis de Oriente, que sairán da residencia Os Tercios cara o Belén Vivinte no Pavillón Deportivo, acompañados da Banda Isabel II de Touro e as súa Banda Xuvenil. Está previsto un festival de agasallos, actuacións musicais e moitas sorpresas máis. O Concello de Touro convida a veciñanza e tamén a todos os interesados a colaborar na realización do Belén Vivinte así como a participar como figurantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial