Touro recepciona o parque empresarial

0

Touro, 2 de outubro do 2018 – O Concello de Touro suscribiu a pasada semana  a recepción do Parque Empresarial, un requisito que abre a porta a instalación das primeiras empresas.

O trámite administrativo garante a concesión de licenzas por parte do concello. O Parque empresarial está rematado e urbanizado, contando con tódolos accesos e dotacións necesarias para o seu funcionamento. A infraestrutura conta cunha superficie total de 52.755 metros cadrados, do que o 55,74% (uns 29.405 metros cadrados) é solo industrial. As zonas verdes son 10.397 metros cadrados, arredor do 20% do parque.  Pola súa banda os aparcamentos ocupan 1.682 metros cadrados; o uso dotacional, 1.347 metros cadrados; e a rede viaria, 9.925 metros cadrados (18,81% do total do parque).

A firma da acta de recepción tivo lugar na sede do Concello. Suscribiron o documento o alcalde de Touro, Ignacio Codesido; Eva Gómez Portela, administadora de Explotaciones Gallegas; Ricardo Valencia Hentschel, director técnico de Solo, Edificación e Calidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), e Jorge Vila, director das obras.

Vila explicou que os traballos foron executados de acordo co proxecto e as modificacións aprobadas. Tanto os representantes do Concello, como do IGVS e de Explotaciones Gallegas fixeron ‘in situ’ o recoñecemento da obra e coincidiron en que se atopa en bo estado e lista para recibir ás empresas que queiran construír aquí as súas instalacións. En consecuencia, o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, dou por recibida a obra, entregándoa ao uso e servizo correspondente.

O IGVS, en cumprimento do contrato de cesión da execución de data 29/03/2010, tomou posesión de catro parcelas. Pola súa banda, a empresa Explotaciones Gallegas, promotora do proxecto do Parque Empresarial de Touro, queda como propietaria das parcelas 1 á 22 e da 25 á 27. O resto das superficies do Parque Empresarial de Touro son cedidas pola empresa promotora ao Concello. O acto tamén serviu como toma de posesión das mesmas. O Concello de Touro farase cargo das zonas verdes, das zonas de equipamentos, dos aparcamentos, dos viais e tamén das vías de acceso.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, mostrou a súa satisfacción por culminar un traballo iniciado xa fai moitos anos. “Hoxe é un día importante para os que apostamos por este proxecto, a firma de hoxe representa un paso definitivo para que o Parque Empresarial de Touro sexa unha realidade. Confiamos en que pouco a pouco vaian chegando empresas comprometidas que aposten polo futuro de Touro e o dos seus veciños e veciñas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial