O alcalde de Touro recoñece ante veciños de Cornado que está a favor da mina

0

Touro, 24 de maio do 2018 – O alcalde de Touro recoñece nunha reunión con veciños de Cornado que está a favor da mina e que o único problema que pode xerar é un pouco de ruido.

O pasado venres 11 de maio, máis dunha trintena de veciños da parroquia de Cornado en Touro, reuníronse co Alcalde do Concello, Ignacio Codesido, para tratar sobre a restauración da anterior actividade mineira e a posibilidade de apertura dunha nova mina. Según os veciños, o rexedor comezou dicindo que o concello solicitara a caducidade da concesión pero que descoñecía a resposta da Consellería. Así mesmo Codesido declaraba descoñecer si en estes 30 anos se levaran a cabo labores mineiras baixo esa concesión.

Según os veciños de Cornado, o alcalde tamén explicou que Explotaciones Gallegas eliminou a base de decantación das antigas labores mineiras e as medidas que a antiga empresa tomara, e dixo coñecer o macrovertedoiro. Pese a que esta situación provocou a contaminación do río Portapego e Lañas, que desembocan no Ulla, o rexedor recoñece que desde o concello non se presentou denuncia polo drenado dos lixiviados, aínda activo, xa que considera que a denuncia ten que partir de Augas de Galicia e da Consellería, e que é a nova empresa que reabrirá a mina a que ten que corrixilo.

Na reunión, Ignacio Codesido, manifestou que a nivel persoal está a favor da nova mina e que o concello nunca se oporá a súa instalación. O único inconvinte que lle ve é algo de ruido. Tamén dixo que non existe nin vai existir ningún convenio co Concello para asegurar a contratación de xente local porque se confía en que sexa así.

O Castro da Copa

Os veciños preguntaron tamén polo Castro da Copa ao que alcalde contestou remitíndoos a Consellería de Cultura e explicando que o concello “non pode atender a todo” e explicando que non se pode saber si o Castro existe ou se sustituiu por unha plantación de eucaliptos. No mesmo sentido pronunciouse sobre as mámoas da parroquia de Quión e insistiu en que non é o concello o que decide “si é lícito derrubar un castro para explotar unha canteira”.

A xuntanza rematou cunha demanda dos veciños dunha economía sostible, que o Concello informase e provomovese este tipo de actividades, especialmente, o asociacionismo do monte para rendabilizalo, como por exemplo coas sociedades Sofor. Rematando o rexedor a conversa dicindo que él non ten que encargase disto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies