займ срочно

Denuncian que Touro reparte xel hidroalcólico non desinfectante

0

Touro, 7 de outubro do 2020 – A Marea Veciñal de Touro denuncia que o concello repartiu entre a veciñanza xel hidroalcólico que non garante a desinfección.

Según o comunicado da Marea o produto adquirido polo concello de Touro, e distribuído porta a porta polas concelleiras e concelleiros do PP local e algúns exconcelleiros do mesmo partido, non garante a desinfección de mans con eficacia viricida.

Aseguran que, en todo caso, trataríase dun produto de limpeza ou hixiene, pero non un produto de desinfección. O xel en cuestión non esta recollido no listado de antisépticos de pel sa con eficacia viricida pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), o organismo competente no proceso de avaliación para o seu rexistro, autorización e comercialización.

Tampouco na etiquetaxe do mesmo constan as propiedades desinfectantes ou eficacia viricida conforme a normativa de aplicación (Norma UNE-EN 14476:2014+A1:2015: Antisépticos e desinfectantes químicos); nin sequera se garante a concentración mínima de alcol que recomenda a Organización Colexial de Enfermería.

A Marea Veciñal de Touro insiste en que estes feitos poden supoñer un risco para a veciñanza fronte ao COVID ao crear un falsa sensación de seguridade e protección que en ningún caso garante o produto. Deste xeito, o grupo insta ao Alcalde a que de modo urxente informe á veciñanza porta a porta, do mesmo xeito que fixeron o reparto do produto, de que o uso deste produto non sexa en ningún caso substitutivo da desinfección das mans.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies