Touro e o Colectivo a Rula anuncian o descubremento dun novo petróglifo

0

Touro, 4 de xaneiro do 2018 –  Técnicos do concello de Touro e o Colectivo a Rula descubriron un novo petróglifo, situado na ruta “unindo camiños polo Ulla”, e que se converte o primeiro achado no concello.

O Petróglifo é un descubrimento excepcional pola situación, historia, morfoloxía e soporte. A nova mostra de arte rupestre sitúase concretamente no Monte da Pena Furada, na beira do chamado Camiño das Chousas, que cruza o monte e enlaza coa estrada que comunica as parroquias de Calvos e Circes. O petróglifo non figura en ningún catálogo e publicación coñecida, e por tanto, tampouco no actual inventario patrimonial que inclúe o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Touro aprobado no ano 2010.

Máis de 40 coviñas

A espera dun pormenorizado informe patrimonial, a Asociación Cultural Colectivo A Rula elaborou un informe sobre o descubrimento. Os gravados distribúense por case toda a superficie dunha pena de lousa cercana aos dous metros de longo por un metro de largo situado a rentes do chan. O petróglifo conta como motivos principais con máis de corenta coviñas e cazoletas de forma redondeada e ovoide distribuídas por a maior parte da superficie da pena. As dimensións dos motivos oscilan entre os dous e os 12 centímetros e a súa fondura, entre 1 e 3 centímetros.

Lamentablemente a rocha consérvase fragmentada, probablemente a causa da actividade extractora dos canteiros. É razoable pensar que o número dos motivos fora maior. Os investigadores do Colectivo A Rula consideran que dada a simplicidade dos deseños é complicado aventurar unha cronoloxía e precisar un período concreto da prehistoria na que fosen elaborados. En moitas ocasións este tipo de petróglifos constitúen un palimpsesto no que se remarcan os gravados prehistóricos e mesmo se engaden novos elementos que dificultan a interpretación do petróglifo. Atendendo ás evidentes semellanzas con outras laxes do grupo galaico da arte rupestre, pódese datar nun amplo período de tempo que vai dende finais do Neolítico ata finais da Idade de Bronce.

Por que é relevante o petróglifo de Pedra Furada?

O Colectivo A Rula aporta varios aspectos que contribúen a resaltar a importancia do petróglifo de Pedra Furada, no Concello de Touro. Son escasos os petróglifos que teñen a lousa como soporte. En segundo lugar, o petróglifo é una rareza pola escasa presenza deste tipo de representacións xa non  no  municipio de Touro senón tamén en toda a comarca de Arzúa e en zonas lindeiras como Terra de Melide.

O petróglifo figura referenciado na documentación do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza que custodia a súa familia. Na súa axenda do ano 1953 consta un apuntamento sobre o ‘Petroglifo de Calvos’, achegado por un dos seus mellores colaboradores, Aldolfo Calvo, o coñecido practicante municipal do Concello de Teo e descubridor doutros petróglifos na comarca de Compostela. O Colectivo A Rula desta que “una vez garantida a súa conservación, o xacemento merece a súa promoción mediante a sinalización e colocación dun pequeno panel explicativo que facilite a súa axeitada interpretación e, deste xeito, convertelo nun recurso patrimonial máis desta nova ruta de sendeirismo” xunto a outro elemento en estudo chamado Pena das Letras.

Pena das Letras

Pola súa banda, Pena das Letras é una unha gran peneda  vertical localizada na Devesa da Pena, a tan só 450 metros ao SO do petróglifo de Pena Furada e a uns 100 metros do río Ulla. Fica ao carón do camiño tradicional por onde transcorre a ruta. A rocha sobresae na paisaxe a pesar da vexetación que agocha boa parte da súa superficie. Conta na parte superior cunha curiosa inscrición incompleta dividida en dous rexistros e acompañada de dúas cruces gregas que rematan en dous pequenos trazos lineais na súa base a modo de pedestal. As dúas cruces semellan marcar o inicio de lectura de cada liña da inscrición.

A dificultade da súa lectura aumenta ao figurar fragmentada.  “É cedo para aventurar calquera hipótese pero non semella tratarse dunha inscrición de carácter popular senón mais ben dun rexistro culto que podería estar indicando que a pena servise de marco lindeiro dalgunha propiedade ou espazo con certa relevancia, fose civil ou relixiosa”, según informa o colectivo A Rula.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies