Touro acondiciona sendas no río Portapego

0

Os traballos no paseo fluvial de Fonte Díaz, en Touro, son desenvoltos polos traballadores contratados polo concello

novas sendas en TouroTouro, 25 de outubro do 2016 –  O Concello de Touro traballa estes días no acondicionamento do paseo fluvial do río Portapego, no centro de Fonte Díaz, capital do Concello.

As obras desenvolvidas polos traballadores contratados polo Concello permiten a reparación e rehabilitación das sendas deste espazo verde ubicado en Fonte Díaz.

Tamén foron abertos novos sendeiros no paseo fluvial a demanda da veciñanza. O Concello de Touro aproveita estes días de bo tempo para acondicionar os espazos públicos para disfrute dos habitantes do municipio. O tramo do cauce fluvial do río Portapego foi acondicionado no 2010 como un espacio de educación ambiental.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial