Cualifican de “escravistas” as condicións das traballadoras de axuda no fogar de Touro

0

Touro, 10 de xaneiro do 2019 – A Marea Veciñal de Touro ven de denunciar as condicións de “escravismo” nas que traballan as empregadas do servizo de axuda ao fogar.

Aínda que o servizo de axuda no fogar non se xestiona de forma directa por parte do concello explican que as condicións da concesión permitiron esta situación. Marea Veciñal reclama agora que se cambien os criterios de adxudicación para evitar que se repitan estas situacións.

5,79 €/hora seguridade incluída

A orixe do problema radica no prego de condicións do concurso que se licitou fai máis de 2 anos. Nel primáronse as baixas económicas, outorgándolle a prestación do servizo á empresa que o fixese polo menor prezo. 5,79€/hora ós que lle hai que descontar os gastos da seguridade social é o que cobran as 21 traballadoras que prestan o servizo de axuda a domicilio no Concello de Touro. Deste xeito pódese entender que a situación das traballadoras sexa límite. A meirande parte delas están contratadas a tempo parcial, e os seus soldos non chegan ós 500€.

A estas cifras hai que engadir que os tempos de desprazamento non están recoñecidos e polo tanto non son remunerados, sendo en ocasións similares ó tempo de traballo.

Nova licitación

A empresa adxudicataria xa amosou ante o goberno municipal a súa intención de deixar a prestación do servizo pola súa baixa rendibilidade.

Ante esta situación a marea veciñal de Touro levou ó pleno unha moción para mellorar as condicións das traballadoras ante a inminente saída do concurso de axuda a domicilio. Entre os puntos que recollían estaban:

Establecer criterios sociais nos pregos do concurso (maior puntuación ás empresas que ofrezan un maior salario por hora para as traballadoras, complemento por dispoñibilidade, recoñecemento dos tempos de desprazamento…), constituír unha mesa de traballo con representantes das traballadoras e sindicatos e crear un órgano de control e seguimento que supervise o cumprimento das condicións establecidas.

A moción non se chegou a debater xa que a maioría do Partido Popular o impediu.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial