Touro usa pintura plástica e aglomerado ao carón dun cruceiro

0

Touro, 7 de maio do 2020 – O BNG de Touro ven de denunciar un atentado ao patrimonio, por parte do goberno municipal, ao asfaltar o entorno dun cruceiro.

O goberno de Touro aglomerou e uso pintura plástica para delimitar un illote na base dun cruceiro catalogado, tal e como se pode apreciar na seguinte imaxe

A obra realizouse nunha estrada da parroquia de Novefontes. A xuízo do BNG “resulta moi difícil de entender unha actuación deste tipo, nunha zona próxima ao río Ulla e a outros bens patrimoniais. sen ningún respecto polo patrimonio cultural do concello, tratando un ben patrimonial de indubidable valor histórico como se fose un estorbo  ou un simple fito máis no medio dunha pista”.

Para os nacionalistas trátase dunha “sobreactuación” si se ten en conta o pouco tráfico rodado da pista “e absurdo que resulta que no canto de adaptar a obra ao entorno e aos elementos presentes  o que se conseguiu  foi que o que resulte  un elemento estraño  no lugar sexa o que leva alí séculos, o cruceiro”.

Dende o BNG de Touro demandan ao goberno municipal que se proceda a unha actuación inmediata para adecuar a obra ao entorno e ao respecto ao elemento patrimonial. Así mesmo solicitan que esta actuación sexa supervisada  pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial