займ срочно

Veciños de Loxo, en Touro, contra os cheiros da mina

0

Touro, 9 de setembro do 2019 – Os veciños de Loxo, en Touro, reclaman ao goberno municipal que denuncie os cheiros que desde hai máis dunha década teñen que sufrir por parte dunha planta de tratamento de residuos.

O pasado venres convocan unha reunión no local social á que acudiron invitados membros da corporación local, tanto do goberno como da oposición. O encontro serviu para ” manifestarlles o seu  hartazgo e a súa paciencia esgotada diante da falta de atención desde máis dunha década aos cheiros continuos procedentes das actividades, presumiblemente realizadas, nas instalacións e inmediacións de TEN, a planta de tratamento de residuos”.

os veciños esixen que sexa o concello o que denuncie a situación. Así así llo dixeron ao alcalde, presente na reunión. Reclaman que se tomen as medidas legais e xudiciais diante das continúas queixas veciñais ao longo dos últimos anos.

Veciños Loxo contra os cheirosOs veciños explican que en esta planta, segundo declaracións de representantes da empresa, trátanse anualmente máis de 135.000 toneladas de residuos procedentes de lodos de depuradoras e outras industrias. Estes traballos xeran un volume de negociuo de 3,5 millóns de euros ao ano, dos que entre o 13% e o 14% quedan en lucrativos para a sociedade participada por Explotacións Galegas ( EXGA) da que forma parte. Os veciños engaden que EXGA “non emprega  nin un deses euros en velar porque a contorna que lles acolleu estea satisfeito e non teña molestias ocasionadas pola súa actividade”.

Os veciños din estar dispostos a chegar onde faga falta. Pedirán firmas e farán visible o problema colocando pancartas en contra “dos malos cheiros soportados día tras día e ano tras ano”, e piden que o primeiro lugar sexa a casa do concello “casa de todos os veciños e veciñas de Touro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies