займ срочно

Denuncian que o Xullo Lúdico de Touro incumpre a normativa

0

Touro, 17 de xullo do 2019 – A Marea Veciñal de Touro ven de emitir un comunicado no que din que as actividades de lecer do Xullo Lúdico, que organiza o concello, incumpren a normativa no que respecta aos monitores.

O Xullo Lúdico é un campamento, para cativos de 6 a 13 anos, que se desenvolve este mes e a primeira quincena de agosto. A Marea explica que o decreto 50/2000, polo que se actualiza a normativa en materia de Xuventude, obriga a que as actividades conten cun mínimo dun técnico dirixente por cada 10 alumnos/as.  A pesares de que o concello publicou na súa páxina web e nos medios de comunicación unha inscrición de 60 cativos, a licitación do servizo establece a contratación de tan só 4 monitores/as “o cal incumpre a normativa existente e demostra a escasa preocupación do rexedor Ignacio Codesido pola calidade dos servizos educativos que se ofertan”.

Xullo Lúdico en TouroPara o grupo político o concello está primando a oferta económica e favorecendo a precarización do persoal contratado ó mesmo tempo que se sobe o soldo até os 43.000€ (máximo legal permitido). A marea veciñal insta ó goberno local a que actúe según a legalidade, xa que se está poñendo en perigo a seguridade dos nenos/as e mesmo lle podería traer consecuencias legais.

O principal grupo da oposición tamén apunta que o campamento non sirve para conciliar a vida familiar e laboral como anuncia o concello, xa que os horarios (10-13:30) non se adaptan á realidade das familias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies