A Xunta para o proxecto da mina de Touro O Pino

0

Touro, 28 de xaneiro do 2020 – A Xunta avanzou que a declaración de impacto ambiental do novo proxecto da Mina de Touro é negativa e pon fin á súa tramitación.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou que o ditame do seu departamento baséase no cumprimento estrito da lexislación ambiental vixente. Vázquez, aclarou que, con esta decisión, se pon fin á tramitación ambiental da iniciativa mineira, que se iniciara en outubro do ano 2018.

Rigor na tramitación

Tras lembrar que o promotor presentou unha modificación substancial do proxecto orixinal polo que, desde o principio, a Xunta tratouno como se fora un novo, a Conselleira explicou que a DIA se tramitou con absoluto rigor desde o punto de vista medioambiental, urbanístico e mineiro, facendo prevalecer o cumprimento estrito da normativa en vigor, ao igual que ocorre con todas as iniciativas que requiren de avaliación ambiental.

O ditame negativo da Consellería de Medio Ambiente está avalado por informes técnicos e polo propio marco lexislativo actual, vixiando sempre, incidiu Ángeles Vázquez, que as iniciativas que se leven a cabo na comunidade, con independencia da súa natureza, cumpran con todas as garantías técnicas, ambientais e urbanísticas e os requirimentos que marque a lei.

Concretamente, o sentido negativo da DIA baséase, por unha banda, na constatación dunha afección real na zona derivada da actividade proposta e por outra, no recoñecemento de que o proxecto aumentaría a presión hídrica sobre o río. Así, o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural sinala que esta actividade desenvolveríase nun espazo próximo a unha Zona de Especial Conservación (ZEC), sen que queden acreditadas as correspondentes medidas protectoras e correctoras necesarias.

Asemade, outro informe solicitado neste caso a Augas de Galicia conclúe que a actividade mineira aumentaría a presión hídrica sobre as augas da contorna, non podendo garantir un estado ecolóxico óptimo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial