Toysal entregará en xaneiro un novo proxecto de vertedoiro para a Casalonga

0

Teo, 21 de decembro do 2018 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos mostrase preocupada tras reunirse coa Subdirección Xeral de Minas. Os veciños aseguran que en xaneiro está previsto que Toysal entregue un novo proxecto de restauración.

Representantes da Plataforma acudiron a reunión na Subdirección Xeral para revisar o expediente do plan de restauración presentado pola empresa. Na xuntanza coñeceron que, tras ser denegado este mes o plan presentado, Minas requiriu a empresa a presentación dun plan de laboreo para o vindeiro mes de xaneiro e disporá dun prazo de tres meses para comezar coa actividade mineira. Se non entrega un novo plan de restauración ten a obriga de aplicar o feito por Camilo Carballal, antigo dono da canteira.

Os representantes veciñais explican que “Lonxe de ter rematado este pesadelo para os habitantes de Teo, Padrón e Ames, o novo ano traeralles o obrigado plan de labores e, posiblemente, un novo plan de restauración co cal a empresa poida dedicarse á xestión dos residuos, aproveitando o oco da canteira como vertedoiro”.

Dende a plataforma chegan á conclusión de que o único xeito de rematar definitivamente co problema é modificar a lexislación estatal e autonómica que permite o emprego das canteiras como vertedoiros, así como unha maior protección do espazo do monte de Casalonga no PXOM de Teo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial