Traballadores e Concello reúnense en Silleda

0

Silleda, 7 de marzo do 2018 – O Concello de Silleda mantivo unha xuntanza da Mesa de Personal, órgano no que están representados os traballadores municipais a través do Comité de Empresa e os sindicatos.

Acudiron á xuntanza representantes dos traballadores dos sindicato CCOO, CIG e CSIF ademais dos membros do comité de empresa, nunha sesión na que o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Persoal, Ana Luísa González, expuxeron as principais liñas que se recollerán no orzamento para 2018 dentro do Capítulo 1, de Persoal.

A partida, con 2.226.000 euros, contempla xa unha suba do 1% anunciada polo Goberno central para os traballadores públicos, “que no caso de aumentarse visto que continúan as negociacións, se contemplaría cunha modificación orzamentaria”, explica o alcalde.

Na sesión tamén se deu conta dos capítulos de productividade para personal laboral e funcionarios.

Os orzamentos para 2018 levaranse a un pleno extraordinario o vindeiro venres día 9 (10:00 horas). Mañá martes terá lugar a comisión informativa na que se ditaminaran para o pleno os orzamentos muncipais de 2018, xunto coa proposta de teito de gasto e a liquidación do exercicio pasado, que volver a arroxar cifras en positivo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial