O tráfico do Milladoiro pendente de máis reunións

0

Ames, 11 de setembro do 2018 – O concello de Ames ven de reunirse coa Subdelegada do Goberno na procura de solucións para o tráfico no Milladoiro. A principal decisión foi convocar unha nova reunión para finais de mes con Demarcación de Estradas, Dirección Xeral de Tráfico, Xunta e os concellos de Teo e Ames.

Os problemas de tráfico pasan de mesa en mesa sen que ninguén lle poña o cascabel dos prazos ao gato das solucións. A reunión entre o alcalde José Miñones e a subdelegada, Pilar López-Riobo constatou algo xa falado cos anteriores responsables do Ministerio de Fomento: que a solución máis rápida pasa por un convenio entre as institucións implicadas e a construción dunha nova rotonda nas Galanas. O borrador do acordo está avanzado e a Subdelegada comprometeuse a impulsar unha reunión entre as partes antes de rematar o mes. A segunda parte da solución, a construción da rotonda das Galanas que permita o desvío do tráfico pesado pola autovía de Brión, depende do Ministerio de Fomento e o cambio de goberno en Madrid pode condicionar, nun sentido ou outro, a decisión sobre a obra.

O alcalde de Ames afirmou que “aínda que os pasos que se van dando neste asunto non son todo o rápido que nos gustaría, si que estamos esperanzados de que na xuntanza conseguida para finais de mes, se achegue unha solución inmediata ao desvío do tráfico pesado. O resto das actuacións imos a tratar de presionar ao máximo para que pasen das palabras aos feitos. Ademais, teño  que agradecerlle á Subdelegada do Goberno a implicación amosada que non tivemos en anos anteriores para este asunto”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial