Disputouse o Trail de A Baña con problemas organizativos e récord de participantes

0

A Baña, 12 de xuño do 2017 –  A cuarta cita do campionato Trail Galicia disputouse esta fin de semana en A Baña con pequenos problemas de organización e récord de asistencia con máis de 250 participantes en total.

Podium trail masculino

O mellizos Rubén e Carlos Martínez, do Club Atletismo Negreira, impuxéronse na minitrail Concello da Baña cun tempo de 1:09:11 e 1:14:27, respectivamente; por diante do boirense Juan Cepeda Reboiras, que cruzou a liña de meta cun tempo de 1:14:33. En categoría femenina, as gañadoras foron Vanessa Maneiro, de Noia(1:54:10) Natalia Sierpes, de Tui(1:56:27) e Yan Li Chen, da Coruña  (1:59:19).

No trail longo, no que os corredores percorreron 23,8 km polos montes da Baña, os gañadores foron: Luis Calvo Castro, de Negreira (1:59:47), Juan Jesús Barral Varela, de Brión (2:09:32) e Salvador Guerrero Galván, rondeño afincado en Ribeira (2:10:24). En mulleres subiron ao podio Rebeca Mariño Torrado, boirense residente Palma de Mallorca (2:32:10), Eva de la Fuente, de Santiago (3:01:32) e María Montoiro Salvado, de Santiago (3:06:54)

Podium mini trail feminino

A proba, que representa a cuarta cita do Trail Galaica, dispustouse nos montes da Baña sobre un percorrido de case 14 quilómetros (o minitrail) e de 24 km (trail longo). Para Rubén Martínez o Km. 10 foi “moi duro, con tramos que fixen andando”, indicou ao chegar a meta. Juan Cepeda sinalaba que é un trail curto rápido, “aínda que conta con algún tramo técnico”.

A proba, na que participaron 89 corredores no trail longo, 141 no curto e 29 na peke-trail, houbo algunhas incidencias sobre as que a organización pideu desculpas aos corredores. Por un erro no primeiro punto de avituallamento, a algúns corredores do minitrail dirixeuselles cara o circuito longo, polo que fixeron quilómetros de máis. Noutros puntos, a organización detectou que as balizas que delimitaban o circuito foron arrancadas, un feito que moitos dos corredores calificaron como unha “sabotaxe” por persoas alleas a proba.

Gañadores mini trail

Mentres os adultos disputaban as súas probas, ao carón campo de fútbol de Charcas os máis cativos, un total de 29, participaban no peke-trail, nun circuito habilitado ao efecto. Os gañadores destas probas foron Uxío Domínguez e Carla Balsa (categoría benxamín), Rubén Balsa e Alba  Sánchez (alevín), Breogán Domínbuez e Xiana Brea (infantil) e Óscar Parente e Paula Paredes (cadete).

Os equipos que participaron con máis atletas nesta proba foron o Atletismo Fontes do Sar (Santiago), Beer Runners Coruña e o Club Atletismo Negreira. Segundo destacou a organización, a carreira da Baña foi a proba do Trail Galaica que contou con máis corredores da comarca de todas as disputadas ata o momento.

Organizada por Dimenzone e Emesports co apoio técnico da Federación Galega de Atletismo, e patrocinada, entre outros, polo Concello da Baña, Tail Galaica é un circuito de carreiras de montaña que quere explorar os rincóns máis ocultos e as fronteiras máis inexploradas da xeografía galega, para ensalzar, a partir dunha actividade deportiva de moda como o trail, os montes galegos e poñelos en sintonía cos deportistas que acepten o “reto” do trail de montaña.

Vanesa Maneiro, gañadora mini trail

Na entrega de premios, os gañadores das diferentes categorías recibiron unha medalla (no peke-trail) e un trofeo, todos eles elaborados a man en madeira, así como diferentes agasallos dos patrocinadores do Trail Galaica.

Ao finalizar, corredores e membros da organización degustaron no campo de fútbol de Charcas unha paella que foi elaborada por  José Antonio Varela.

Clasificación por categorías

Trail

Sénior masculino: Marcos Antonio Pascual, Marcos Almozara Mayo e José Manuel Ruso

Sénior feminino: María Montorio

Veterano 1 masculino: Daniel Paz Pardo, Alberto Carou Carril e pablo Miragaya

Veterano 1 feminina: Verónic Parcero, Marga Moreno e Ana Vigo

Veterano 2 masculino: Javier Tourís, José Antonio Castro e Francisco Manuel

Veterano 3 masculino: Santiago Vázquez, José Manuel González e Jesús Uzal Miramontes.

Trail locales: Marcos Almozara Mayo e Ana Vigo Liñares.

Mini Trail

Sénior masculino: Anxo Carreira Casais, José Manuel Quintián e Daniel Santall

Sénior feminina: Lorena Ramos Trillo, úrsula Neilson e Vanessa Pérez Castelao

Veteranos masculino: Mario Rodríguez Otero, Pablo Fadeville e Javier Gendre

Veteranos feminino: Lucía Baleato, Inmaculada Souto e Silvia Gestál

Mini Trail locales: Juloi Blanco Queijo e Rocíio García.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies