A bisbarra contra o Coronavirus XIV, Trazo

0

Trazo, 7 de maio do 2020 – Josefina Suárez, alcaldesa de Trazo, era unha das persoas coas que estábamos preparando unha entrevista cando o Coronavirus cambiou todo.

Nunca pensara en ser alcaldesa de Trazo pero a renuncia do anterior rexedor, José Dafonte, levouna a encabezar a candidatura do PP nas eleccións do ano pasado. Os populares foron a forza máis votada con 5 concelleiros pero non conseguiron a maioría absoluta polo que goberna en minoría.

Si nunca pensara en ser alcaldesa moito menos en que no seu primeiro ano de goberno tivera que xestionar unha pandemia como a do Covid-19.

O Coronavirus colocou aos concellos nunha situación na que se tivo que traballar en tempo real e Trazo centrouse, como o resto dos municipios, nos servizos socias e na axuda á veciñanza

Josefina Suárez alcaldesa Trazo

Josefina Suárez alcaldesa de Trazo

A incerteza das saídas a esta crise manterase ata que se controle ao cen por cen a enfermidade, o sector gandeiro é un dos que se mantiveron estas semanas pero ao mesmo tempo sufriron unha forte baixada de prezos

Ao mesmo tempo que foron os que mantiveron en boa medida a economía durante o confinamento, o sector gandeiro pode ser tamén a oportunidade para o futuro

Preguntámoslle a Josefina Suárez onde se ve dentro dun ano e a alcaldesa só pensa en volver a normalidade e que todo quede atrás como un mal pesadelo

Área recreativa de Chaián en Trazo

Trazo é dos concellos máis expostos da bisbarra. Sempre vivindo á sombra de Compostela e maioritariamente rural. Esta crise pode supoñer un reforzo, si o sector agro gandeiro sae reforzado, ou unha crise aínda maior.

A todo o anterior hai que sumar a inestabilidade política dun goberno en minoría que, sendo obxectivos, non tivo tempo de presentar plans nin modos de traballar. Será, sen duda, un dos concellos aos que teremos que volver para falar de todo en canto remate esta crise.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial