Comezan as obras de reparación da Ponte Albar, no límite entre Trazo e Santiago

0

Trazo, 28 de outubro do 2019 – A Deputación da Coruña iniciou as obras de reparación da ponte Albar, un viaducto histórico que conecta os municipios de Trazo e Santiago de Compostela.

O deputado de Economía, Antonio Leira, visitou Ponte Albar a zona acompañado da alcaldesa, Josefa Suárez, e dos portavoces dos grupos políticos representados na corporación municipal, e destacou a importancia histórica e patrimonial do viaducto con séculos de historia que, ademais de conectar Santa María de Xavestre (Trazo) con San Xoán de Fecha (Compostela), é un punto clave do Camiño de Santiago.

Obras Ponte AlbarA ponte presenta actualmente diversos danos nos tallamares (construcións en forma de quilla que cortan as correntes de auga, evitando posibles danos nos piares), nos se aprecia a falta de material granítico provocada polo impacto de material de arrastre durante as fortes riadas que portan consigo ramas de árbores caídas.

O obxectivo das obras será consolidar os elementos estruturais da ponte, para o que será preciso o desmonte dos tallamares. Unha vez desmontados os perpiaños e limpa a base de asento, procederase de novo ao seu remonte na posición orixinal, recuperando as pezas que se atopen caídas no río e usando pezas novas de granito se fora preciso.

Ademais, os traballos contemplarán a eliminación da colonización bolóxica, a limpeza dos paramentos, saneamento das xuntas e encintado das mesmas con morteiro de cal, aplicación dun tratamento biocida e a roza da maleza na contorna da ponte.

O prazo de execución das obras é de catro meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial