O alcalde de Trazo gasta cerca de 1.000 euros ao mes en dietas

0

Trazo, 21 de novembro do 2017 –  Os socialistas de Trazo veñen de confirmar que o alcalde, José Dafonte, pasa todos os meses cantidades cercanas aos 1.000 euros en concepto de dietas.

Unhas cantidades que Dafonte comezou a cobrar a mediados do ano 2015, medio ano no que percibiu máis de 6.000 euros en concepto de dietas. No ano 2016 estes gastos foron pagados durante todo o exercicio, sumando máis de 11.000 euros durante ese período.

Os socialistas de Trazo apuntan que este ano segue esta práctica de pasar cantidades próximas aos 1.000 euros por mes en dietas, “Sorprende que todos os meses se pasen cantidades moi semellantes en dietas por viaxes e, máis aínda, sorprende que nos expedientes non figuren os xustificantes desas dietas”, apunta a voceira municipal socialista, Beatriz Domínguez, quen sinala que “se sumamos esas dietas ao soldo que viña percibindo o alcalde, nos atopamos con que o alcalde de Trazo tenlle costado aos veciños máis de 50.000 euros ao ano”.

Os socialistas de Trazo amosan a súa perplexidade logo de descubrir o “saqueo do alcalde aos veciños do noso Concello” e anuncian que non cesarán no empeño de que se coñeza ata o último detalle do que se está a facer cos recursos públicos do Concello de Trazo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial