Preacordo de goberno en Trazo

0

Trazo, 29 de xullo do 2020 – O Partido Popular de Trazo e a agrupación independente Somos Trazo chegaron a un preacordo de goberno que contará con maioría absoluta.

Nas eleccións municipais do pasado ano o Partido Popular de Trazo conseguía cinco edís que non eran suficientes antes os 3 do Psoe, os 2 de Somos Trazo e o alcanzado polo BNG. Desde o primeiro momento os rumores apuntan a un acordo como o actual que tardou un ano en producirse.

Somos Trazo está liderado por Manuel Pereiro que deixara o PP pouco antes das eleccións. En virtude da resolución, emitida onte desd o concello, Pereiro pasa a ser o Primeiro tenente de alcalde, o popular Manuel Castiñeiras o segundo e o seguinte na lista de Somos Trazo, José Manuel Liste, o terceiro.

No comunicado emitido por ambas formacións nas redes sociais dise que  “O Partido Popular de Trazo e a agrupación electoral Somos Trazo, anuncian o seu compromiso para gobernar conxuntamente o Concello” e rematan o breve texto explicando que “o obxectivo non é outro que lograr puntos de encontro en favor de tódolos habitantes do municipio, sempre dende o traballo conxunto e o esforzo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial