Piden arranxos na Ponte de santa Eufemia, en Trazo, pola súa perigosidade

0

Trazo, 2 de xullo do 2020 – O Psoe de Trazo ven de pedir ao concello que arranxe os problemas da Ponte de Santa Eufemia, en Vilouchada, arranxada ao abeiro dos plans da Deputación.

Según os socialistas de Trazo, a empresa encargada da obra deixou gravilla solta,  co conseguinte perigo para a circulación, ademais de estar mal peraltada. O investimento na Ponte de santa Eufemia foi de 52.826 euros con cargo ao Plan Único da Deputación.

A voceira do Psoe, Beatriz Dominguez, di que  “Calquera pode ver que as obras de ampliación da ponte de Vilouchada quedaron moi mal e non poden seguir así porque son un perigo para os condutores, polo que lle volvemos pedir ao Concello de Trazo o seu arranxo”.

Piden arranxos na Ponte de santa Eufemia, en Trazo, pola súa perigosidadeAs obras consistían na ampliación lateral en catro metros do pontón de Santa Eufemia, mediante formigón prefabricado. Sen embargo, a mala execución dos traballos fixo que a día de hoxe haxa gravilla na zona da ampliación, incluso en lugares onde antes había aglomerado, que o firme presente numerosos altibaixos e que a perigosa curva que deu orixe á esta actuación siga nas mesmas ou peores condicións ca antes. “É preciso mellorar as medidas de seguridade neste punto, pois non podemos esquecer que si se fixo esta obra é porque se trata dun punto perigoso para a circulación, polo que é urxente que o Concello tome todas as medidas necesarias para garantir a seguridade viaria de condutores e peóns”, apunta a voceira do PSOE de Trazo.

Desinterese do Concello

Os socialistas xa deron traslado desta necesidade en varias ocasións á alcaldesa de Trazo, a última na última sesión plenaria, sen embargo “a alcaldesa intenta evadir a cuestión dicindo que o proxecto é de antes do seu mandato, cando o certo é que o proxecto se fixo cando ela era concelleira de Urbanismo e que o contrato foi asinado por ela, xa como alcaldesa, o 7 de agosto do ano 2019”, puntualiza Domínguez Siaba, quen conclúe que “é unha chapuza propia dun mal Goberno que sigue gobernando polo espello retrovisor e que, ao paso que van, están facendo bo ao seu anterior compañeiro”.

Piden arranxos na Ponte de santa Eufemia, en Trazo, pola súa perigosidadeOs socialistas esixen unha actuación urxente por parte da alcaldesa pois lembran que se trata dunha zona onde se produce un estreitamento da calzada que, unido á posterior curva pechada e á situación actual da zona, fai que o tramo teña unha seguridade viaria moi baixa. Unha situación que se complica no inverno, momento no que o xeado do firme xa ten producido vairas saídas de estrada a distintos vehículos e mesmo ao autobús do colexio, tal e como recolle o propio proxecto de obra elaborado polo Concello de Trazo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial