займ срочно

Reclaman arranxos nas estradas e beirarrúas de Trazo

0

Trazo, 11 de xuño do 2020 – O Psoe de Trazo ven pedir no pleno ordinario que se acometan arranxos nas estradas e beirarrúas de todo o concello xa que se atopan nun estado de “abandono”.

Foi o primeiro pleno celebrado desde o mes de xaneiro por mor da crise do Coronavirus. O Beatriz Domínguez, voceira socialistas, explicou que  “As estradas e as beirarrúas de Trazo presentan un estado de abandono total e o estado de alarma non é unha escusa, isto é o resultado dun ano perdido do Goberno de Trazo que deixou o municipio nas peores condicións”.

Reclaman arranxos nas estradas e beirarrúas de TrazoOs concelleiros socialistas fixeron fincapé na necesidade de arranxar e rozar lugares como a contorna do instituto, as beirarrúas de Benza e Berreo, camiños en Xavestre e Restande, a estrada entre o campo da festa de Viaño Grande e o campo de fútbol ou o viario entre Rosende e Viaño Grande, “que a alcaldesa se comprometeu a arranxar hai un ano e sigue igual”, lamenta Beatriz Domínguez.

Outro exemplo é a ponte de Zabuceda, caída durante o temporal do pasado mes de xaneiro e que aínda non foi reparada. “A alcaldesa dixo no Pleno que só faltaba a autorización de Augas de Galicia e que se empezaría a traballar de inmediato”, apuntou a voceira socialista, que lembra que aínda que os desvíos están ben sinalizados, trátase dunha estrada moi estreita, cunha forte pendente e por onde transitan moita maquinaria pesada.

Reclaman arranxos nas estradas e beirarrúas de TrazoPara facilitar a roza das beiravías do municipio, o PSOE votou a favor da contratación dun tractorista a pesar de non estar de acordo coas bases presentadas polo grupo de Goberno. “Non entendemos que para un posto como o de tractorista non se faga unha proba práctica, pero decidimos votar a favor pola necesidade de que se empece a rozar canto antes porque moitas estradas de Trazo están intransitables”, sinala Domínguez Siaba.

Así mesmo, os socialistas instaron ao Goberno municipal a actuar no sistema de depuración das augas residuais do municipio, despois de que Augas de Galicia sancionase cunha multa de 7.500 euros ao Concello de Trazo. “Isto é consecuencia do mal estado das depuradoras, froito dun ano de parálise total. Un ano perdido no que as infraestruturas do Concello de Trazo están nas peores condicións”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies