A xustiza confirma que os orzamentos 2018 de Trazo aprobáronse de xeito ilegal

0

Trazo, 15 de outubro do 2019 – A xustiza ven de dar a razón a demanda presentada polo Psoe de Trazo sobre os orzamentos do 2018 e confirma que se aprobaron de xeito ilegal.

Os orzamentos do ano pasado no concello foron motivo de distintas alegacións por parte da oposición socialista. Cando esas alegacións non foron tidas en conta o Psoe presentou un recurso que por lei tiña que ser levado a pleno. O alcalde en aquel momento, José Dafonte, decidiu desestimar ese recurso sen o trámite plenario polo que o Psoe acudiu a un recurso contencioso administrativo que agora lles da a razón.

Unha difícil situación

En palabras da portavoz socialista en Trazo, Beatriz domínguez, “O acontecido reflicte unha forma de facer política soberbia e prepotente. A lei é moi clara e reflicte que un recurso deste tipo debe levarse a pleno, pero o señor Dafonte decidiu actuar unha vez máis ao marxe da legalidade e desestimou o recurso de forma persoal, sen pasar polo pleno”.

“Non podíamos permitir esa ilegalidade e agora o xuíz asegura que a decisión a tiña que tomar o pleno, como recolle claramente a lei, polo que o PP ten unha papeleta complicada porque os orzamentos xa están executados”, asevera Beatriz Domínguez.

Os socialistas descoñecen como responderá o PP de Trazo, que agora non ten maioría absoluta, ante esta sentenza. “Independentemente das consecuencias que poida ter todo isto, o acontecido amosa unha forma de facer política da que a xente está moi cansa, a xustiza deunos a razón e agora tócalle ao PP cumprir”, remata.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial