Tres anuncios en las afueras no ciclo «Mulleres» de Afundación

0

Compostela, 12 de marzo do 2019 – Dentro do ciclo Mulleres de Afundación, a Obra Social de ABANCA, hoxe as oito da tarde proxectarase Tres anuncios en las afueras de Martin McDonagh.

Mulleres é un ciclo conformado por películas nas que as mulleres son as protagonistas indiscutibles, descubrindo historias comprometidas que dan lugar á reflexión. As proxeccións enmárcanse na conmemoración do Día da Muler, a entrada é libre ata completar aforo.

Tres anuncios a las afueras (Martin McDonagh, 2017)

Mildred Hayes, unha muller de 50 anos, nai dunha adolescente violada e asasinada, decide iniciar pola súa conta unha guerra contra a Policía da súa vila, Ebbing, ao considerar que non fan o suficiente para resolver o caso e que se faga xustiza. Proxectarase o 12 de marzo en Santiago de Compostela, o 25 de marzo en Ferrol, o 1 de abril na Coruña, o 2 de abril en Ourense, o 3 de abril en Pontevedra e o 9 de abril en Lugo e Vigo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial