Trismus Teatro presenta Los árboles mueres de pie a favor da Fundación Andrea

0

Compostela, 1 de maio do 2018 – O grupo Trismus Teatro porá en escea este mércores a obra de Alejandro Casona Los árboles mueren de pie, unha actuación na que a recadación irá destinada a Fundación Andrea.

Trismus Teatro naceu hai 23 anos na Facultade de Medicina de Santiago. Integrado inicialmente por estudantes aínda que hoxe en día tamén forman parte del traballadores de calquera rama.

Los árboles mueren de pie, de Alejandro Casona, conta a historia dunha axencia moi particular con empregados moi particulares que se dedica á protección da alma e do benestar emocional de persoas (ás veces sen eles sabelo e ás veces por encargo). A esta axencia se lle vai encargar un novo traballo no que dous empregados, o director e a máis novata, terán que facer que son un matrimonio feliz para reconfortar o corazón dunha señora cunha saúde moi delicada, o problema é que non todo sae como estaba calculado.

A obra representarase no Auditorio ABANCA, Rúa Preguntoiro nº 23 en Santiago de Compostela, ás 20:00. Todo o recadado irá para a Fundación Andrea que apoia aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. O prezo da entrada é de 5€ (3€ se es estudante) e pódense mercar na billeteira ese mesmo día entre as 17:00 e as 20:00.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial