займ срочно

Miguel Mera álzase co Trofeo Blanco Villar

0

Padrón, 15 de maio do 2017 – O Cortizo-Anova celebrou este sábado o Trofeo Blanco Villar en Rois, para cadetes, júnior e máster, e o Trofeo Patrocinador en Padrón para escolas. As categorías principiante e promesa foron suspendidas polo mal tempo

Miguel Mera no centro do caixón

O Club Ciclista Padronés celebrou este sábado dúas citas para as categorías inferiores: pola mañá, en Padrón, disputábase o X Trofeo Blanco Villar para as categorías cadete, júnior e máster; e pola tarde, o Trofeo Patrocinador para promesas, principiantes, alevíns e infantís en Padrón, aínda que as dúas primeiras quedaron suspendidascomo xa dixemos.

O X Trofeo Blanco Villar quedou en casa esta vez para a categoría cadete, grazas a Miguel Ángel Mera que volveu alzarse coa vitoria por terceira semana consecutiva superando ao sprint a Brais Gómez (Ponteareas) a falta de 200 metros para a meta.

Laura Teniente no terceiro caixón do podium

O Trofeo Patrocinador tamén deixou bo resultados para o equipo anfitrión. En categoría infantil, Laura Tenente subiuse ao podio tamén por terceira semana consecutiva para recibir o 3º premio. Os seus compañeiros de categoría, Martín Rey e Bruno Puceiro, conseguiron a 3ª e 4ª praza respectivamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies