займ срочно

Este domingo se disputa o I Trofeo Ciclista Concello de Ordes

0

Ordes, 7 de abril do 2018 – Mañá domingo, 8 de abril, terá lugar o I Trofeo Ciclista Concello de Ordes. Unha proba dirixida ás categorías Júnior e Máster 30, 40 50 e 60. A proba está inscrita dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo, e nela poderán participar corredores e clubs coa licenza federativa en vigor.

O I Trofeo Ciclista Concello de Ordes comezará a partir das 10.30 horas, polo que as inscricións e o pago da cota de 10 euros se realizarán o mesmo domingo dende as 9 horas. O percorrido será de 74,60 quilómetros, sendo o mesmo para todas as categorías. Este partirá e finalizará no mesmo Concello, situado na avenida Alfonso Senra. Haberá dúas metas volantes, a primeira no quilómetro 33,6 e a segunda no quilómetro 56, sendo imprescindible a finalización da proba para proclamarse co premio destas.

O I Trofeo Ciclista Concello de Ordes inclúese dentro da III Challenge do Club Ciclista Asociación Galega de Ciclismo, a cal consta de tres probas que puntuarán entre todas para proclamar o vencedor ou vencedora final. Estas serán as dos concellos da Estrada e O Pino, previstas para o 15 de abril e 6 de maio respectivamente. Para poder optar aos premios finais da xeral será imprescindible participar en todas elas. A proba está organizada polo CCAGC en colaboración co Concello de Ordes.

Cortes de tráfico

Para o seu correcto desenvolvemento contarase coa presenza e colaboración dos corpos da Policía Local de Ordes e da Garda Civil de Tráfico. O domingo de 9 a 15 horas levaranse a cabo os cortes e desvíos de tráfico necesarios para o desenvolvemento da proba con todo tipo de garantías.

Desvíos provisionais

Sentido Santiago – A Coruña:

Alfonso Senra (N-550), Lagartos, prolongación Lagartos, Galicia, Camposanto, Casabella, Alfonso Senra  (N-550).

Sentido A Coruña – Santiago:

Alfonso Senra (N-550), Rosalía de Castro, Lagartos, Alfonso Senra (N-550).

Rolda Leste:

Especialmente recomendado para persoas usuarias en tránsito.

O itinerario transcorrerá polas estradas de Mercurín, Cerceda, Xesteda, Carballo, O Valado, rúa Mediodía e N-550, tramos nos que irán acompañados de unidades da Garda Civil de Tráfico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies