Ordes organiza o I Trofeo Xunta de Galicia de patinaxe

0

Ordes, 11 de abril do 2018 – O próximo sábado, 14 de abril, terá lugar no pavillón Castelao I o I Trofeo Xunta de Galicia de patinaxe para patinadores da primeira categoría nacional que realizarán as coreografías correspondentes aos programas largos.

Este I Trofeo Xunta de Galicia atraerá a unha ampla selección dos mellores deportistas de toda a provincia procedentes de 16 clubs distintos. Está confirmada a asistencia de 5 campións nacionais , 2 europeos e a número 3 do mundo. Cómpre sinalar tamén a participación de Lucía Deus (alevín), Laura Montero (infantil), Alba Diéguez e Lara Reboredo (cadetes), integrantes do Club de Patinaxe Galia (Ordes).

O campionato comezará ás 9 e finalizará ás 22 horas. Durante a mañá será a quenda para as categorías infantil, xuvenil, júnior e sénior. Xa pola tarde será o momento para os benxamíns, alevíns e cadetes. Está organizado polo Club de Patinaxe Galia e patrocinado por Deleite. Ademais tamén colaboran a Deputación da Coruña, Deporte Galego, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia e o Concello de Ordes.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies