займ срочно

Dous trofeos de fútbol na fin de semana de Ordes

0

Ordes, 11 de agosto do 2017 – O domingo comezan as festas de Ordes pero a fin de semana terá como protagonista ao fútbol cos Trofeos San Roque e o do concello.

O campo de fútbol de Vista Alegre será o lugar de estas dúas competicións nas tardes de mañá sábado e do domingo.

O II Trofeo San Roque será as cinco da tarde de mañá e enfrontará nunha pequena liguilla ao Mesón do Vento F.C Veteranos, Poulo F.C. Veteranos, S.D.C. Órdenes Veteranos e os Veteranos Ordes

O domingo a partir das seis será o momento de disputar o Trofeo do Concello, un triangular no que loitaran polo título o S.D.C. Órdenes, A.D Vila de Ordes e S.D. Santa Cruz de Montaos.

Tardes de fútbol na fin de semana de Ordes no campo de Vista Alegre, un bo plan para os afeccionados da vila.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies